culler

< lat cochleāre
Plural: culleres
  1. s f Utensilio con forma oval para coller unha porción do contido, especialmente líquido, e levalo á boca.
  2. s f
    1. Cada unha das pas que compoñen o rodicio dun muíño.
    2. IND Recipiente troncocónico ou cilíndrido de prancha recuberto de material refractario, para transportar o material fundido do crisol aos moldes ou ao forno de tratamento ou de aliaxe.
    3. CONSTR Accesorio metálico en forma de recipiente cóncavo aberto, reforzado eventualmente cunhas pugas na parte frontal, que se emprega principalmente nas máquinas escavadoras e nas pas cargadoras para traballos de escavación e movemento de terras.
  3. s f cullerón.
  4. s f ZOOL cágado.

Sinónimos

Citas

  • Comemos a sopa con culleres de prata
  • O médico mandoume tomar dúas culleres de xarope ao día