Asunto que presenta un problema ou unha dificultade que hai que resolver.
Elemento puntual do que hai que ocuparse.
sfPregunta que hai que contestar.
sfFILOS/RELIXCada unha das exposicións que integran un curso ou as diversas partes dun tratado sistemático da escolástica.
cuestión de competenciaDERControversia formulada entre dous xuíces ou tribunais non subordinados entre si, promovida para determinar quen dos dous ten a competencia para coñecer un preito.
cuestión de confianzaPOLÍTProposta que lle presentan os gobernos ao xefe de Estado ou aos parlamentos para comprobar o grao de confianza que merecen.
cuestión de gabinetePOLÍTProblema político que afecta á continuidade dun ministerio.
cuestión previa
DERAsunto que debe resolverse con anterioridade á cuestión principal no proceso penal e que impide a pronunciación dunha decisión ou resolución.
POLÍTMoción presentada por algún parlamentario que afecta a cuestións de forma ou de procedemento e que ten por obxectivo obstaculizar ou impedir a votación dunha proposición ou proxecto de lei inscritos na orde do día.
cuestión prexudicialDERPunto de aclaración que se propón e que debe ser resolto antes da celebración do xuízo.
Citas
A cuestión dos investimentos públicos compételle ao Estado
Formuláronlle unha serie de cuestións á testemuña para averiguar a verdade sobre o asasinato
Mantivo unha cuestión co veciño e desde aquela non lle fala
O exame de matemáticas constaba de vinte cuestións, Deixei algunhas cuestións da enquisa baleiras
O presidente da comunidade formulou a cuestión de cómo arranxar as tuberías atuídas, Propuxéronse varias cuestións para debater no Congreso