smANIMAL/ORNITAve que pertence aos xéneros Clamator,Coccyzus e Cuculus, da familia dos cucúlidos, de cola grácil e ás longas, con dous dedos cara adiante e dous cara a atrás.
cuco comúnAve, de cabeza, peito e partes superiores cinsentas, que presenta unha distribución paleártica.
cuco papudo/realAve que presenta unha curupela e as partes superiores de cor acastañada.
Refráns
Cando canta o cuco, logo vén o gran ao suco.
Dende que vén o cuco, fóra o "pulpo".
Desque chega o cuco, vén o pan ao suco.
Entre marzo e abril sae o cuco do cubil, pois coa neve non quere viro
Entre marzo e abril, se non veu o cuco, quere vir a fin.
Mentres canta o cuco, non comas raia nin "pulpo".
No abril di o cuco: vivo; e no maio: revivo.
No tempo do cuco á mañá me mollo e á tarde me enxugo.
O cuco no abril xa sae do cubil.
Ós comezos de abril o cuco ten que vir; e, se non volveu, ou prendérono ou morreu.
Se non viches o cuco a mediados de abril, ou morreu o cuco ou vai vir a fin.
Se non viches o cuco a mediados de abril, ou morreu o cueo ou quere vir a fin.