cúbico -ca

< lat cubĭcus gr κυβικός
Plural: cúbicos Masculino: cúbico Masculino plural: cúbicos Feminino: cúbica Feminino plural: cúbicas
  1. adx Relativo ou pertencente ao cubo.
  2. adx Que ten forma de cubo ou é semellante a el.
  3. adx Que é de terceiro grao.
  4. adx Que é de índice 3.
  5. sistema cúbico FÍS Sistema cristalino caracterizado por catro eixes ternarios equidistantes que orixinan tres eixes binarios perpendiculares entre eles e equidistantes dos anteriores, cos que forman ángulos de 54°44’. OBS: Tamén se denomina sistema regular.

Citas

  • Ecuación cúbica
  • Raíz cúbica
  • Un recipiente cúbico, Unha peza cúbica

Palabras veciñas