cubeta

Plural: cubetas
  1. s f Recipiente semellante a un caldeiro, normalmente de menor tamaño e con mango ou asa, con varias utilidades.
  2. s f Recipiente, xeralmente rectangular e pouco profundo, de distintos materiais que se emprega nos laboratorios para conter líquidos con distintas finalidades.
  3. s f FÍS Recipiente pequeno, cheo de mercurio, onde vai introducido o extremo inferior aberto do tubo dun barómetro.
  4. XEOL
    1. s f Depresión no terreo sen saída ao exterior.
    2. cubeta cárstica Depresión producida por procesos de disolución en rochas cársticas.
    3. cubeta estrutural Depresión producida por un efecto tectónico de afundimento, por fallas ou pola interferencia de dous dobramentos sinclinais.
    4. cubeta glacial Depresión producida por sobreescavación glacial.
    5. cubeta sedimentaria cunca sedimentaria.

Palabras veciñas