cuadrixémino -na

< cuadri- + lat gemĭnu ‘xemelgo’
Plural: cuadrixéminos Masculino: cuadrixémino Masculino plural: cuadrixéminos Feminino: cuadrixémina Feminino plural: cuadrixéminas
  1. adx Relativo ou pertencente a certas estruturas en número de catro.
  2. adx MED Aplícase a cada un dos catro bebés nacidos dun único parto. Tm s.
  3. tubérculo cuadrixémino ANAT Estrutura anatómica cerebral formada por catro protuberancias, situada por enriba dos ventrículos cerebrais, baixo a epífise, detrás do terceiro ventrículo.