cuadrícula

< lat quadricula, dim de quadru ‘cadrado’
Plural: cuadrículas
  1. s f Conxunto de cadrados que resulta de trazar nun papel liñas paralelas cortadas perpendicularmente por outras e cada un destes cadrados.
  2. s f XEOG Conxunto de liñas rectas, debuxadas sobre un mapa, que resultan de proxectar no plano a latitude e a lonxitude, e que se empregan para fixar a posición dun punto do mapa respecto á orixe de coordenadas.
  3. s f URBAN Resultado de dividir unha zona urbanizable en zonas cadradas.
  4. s f ARQUEOL Cada unha das subdivisións dos sectores da zona de traballo dunha escavación arqueolóxica.
  5. s f PEDAG Cada unha das estruturas que, segundo Piaget, caracterizan o pensamento formal do adolescente.

Citas

  • Debes seguir a liña das cuadrículas para completar o debuxo
  • O Xoán aprendeu a escribir en cuadrícula