cruzabico

< cruzar + bico
Plural: cruzabicos
  1. s m ANIMAL/ORNIT Ave do xénero Loxia, pertencente á familia dos frinxílidos, de aspecto groso, coas mandíbulas do peteiro cruzadas, ás e cola de cor negra e o resto da plumaxe de cor vermella nos machos ou verde acastañada nas femias.
  2. cruzabico cabezón ANIMAL/ORNIT Ave, da familia dos frinxílidos, que presenta a cabeza e o pescozo moi grosos, e o peteiro arredondado, cos bordos de cor branca.
  3. cruzabico común ANIMAL/ORNIT Ave, da familia dos frinxílidos, propia de bosques de piñeiros, abetos e alerces da franxa boreal de Norteamérica, Europa e Asia.
  4. cruzabico escocés ANIMAL/ORNIT Ave, da familia dos frinxílidos, sedentaria dos bosques de piñeiro rubio do N de Escocia.
  5. cruzabico faixado ANIMAL/ORNIT Ave, da familia dos frinxílidos, cunha dobre franxa nas ás de cor branca.

Palabras veciñas