cronoloxía

< gr χρονολογία ‘ciencia do tempo’
Plural: cronoloxías
  1. s f HIST Ciencia auxiliar da historia que establece as datas dos acontecementos históricos.
  2. s f XEOL/ARQUEOL Ciencia que determina a idade e a duración de cada formación xeolóxica, de cada fase de dobramentos e dos períodos entre fases.
  3. s f Feitos relativos a un acontecemento ordenados temporalmente.

Citas

  • Aínda non está clara a cronoloxía dos feitos que sucederon o pasado martes