crómico -ca

< cromo + -ico
Plural: crómicos Masculino: crómico Masculino plural: crómicos Feminino: crómica Feminino plural: crómicas
  1. adx Que contén cromo (III), cromo en estado de oxidación +3.
  2. ácido crómico QUÍM Ácido diprótico que se emprega na anodización do aluminio, na obtención de catalizadores e no cromado electrolítico.
  3. mestura crómica QUÍM Solución case saturada de dicromato de sodio ou de potasio en ácido sulfúrico concentrado.