cromatina

< al Chromatin gr χρ ῶ μα -ατος ‘cor’ + -ina
Plural: cromatinas
  1. s f XEN Material xenético do núcleo celular durante a interfase, de carácter basófilo e formado principalmente por ADN, ARN e proteínas.
  2. cromatina sexual XEN Pequeno corpúsculo de heterocromatina, redondo ou ovado, adherido á membrana nuclear, que se emprega para a diagnose citolóxica do sexo. OBS: Tamén se denomina corpúsculo de Barr.