croca

Plural: crocas
  1. s f Óso da unión do rabo e do espiñazo no gando vacún.
  2. s f Parte superior da perna do vacún cualificada como de primeira calidade.
  3. s f col Parte traseira e alta da cabeza humana ou a cabeza no seu conxunto.

Sinónimos

Citas

  • Botoulle un óso de croca á sopa
  • Caeu e bateu coa croca no muro
  • Prefiro o lombo cá carne de croca
  • Sempre lle boto unhas crocas ao caldo

Palabras veciñas