crítico -ca

< lat critĭcu gr κριτικός ‘capaz de xulgar’
Plural: críticos Masculino: crítico Masculino plural: críticos Feminino: crítica Feminino plural: críticas
  1. adx Relativo ou pertencente á crise.
  2. adx Aplícase á situación que produce un cambio substancial.
  3. MED
    1. adx Que decide a evolución dunha enfermidade.
    2. idade crítica Época en que se produce o climaterio.
  4. FÍS
    1. adx Aplícase ás condicións que determinan un cambio no desenvolvemento dun fenómeno ou nas propiedades dun corpo.
    2. punto crítico temperatura crítica.
    3. punto crítico Composición dun sistema no momento en que, engadindo un solvente a dous líquidos parcialmente miscibles, as dúas solucións chegan a ter a mesma composición e se transforman nunha soa fase.
    1. adx Relativo ou pertencente á crítica.
    2. s Persoa que se dedica á crítica.

Sinónimos

Citas

  • A súa relación pasa por un momento crítico
  • Os críticos non aceptaron as novas medidas políticas
  • Pasou por unha situación moi crítica antes de restablecerse de todo
  • Tiven que ler unha edición crítica da obra de Manuel Antonio para facer un traballo sobre a súa relación coas vangardas

Palabras veciñas