cristo

< lat Christu gr χριστός   ‘unxido’
Plural: cristos
  1. s m Representación de Xesús cravado na cruz, cando a imaxe ten máis interese ca a cruz.
  2. s m DEP Elemento ximnástico que se executa no aparato dos aneis e que consiste en permanecer agarrado cos brazos abertos en cruz.
  3. s m col Tumulto de persoas ou conxunto de cousas desordenadas ou confusas.

Sinónimos

Citas

  • Había un cristo enorme na entrada do cine pola estrea do filme, Non me aclaro con este cristo de papeis que teño na mesa