aberta

< lat apertu n ‘lugar descuberto’
Plural: abertas
  1. s f Lugar ao descuberto.
  2. s f Pequeno intervalo de tempo en que deixa de chover.
  3. s f Relaxación dun tendón producida por un esforzo 1excesivo.
  4. s f Suco destinado ao rego dos campos.

Sinónimos

Confrontacións

Citas

  • A auga que corría pola aberta viña da fonte da Peneda
  • Despois de catro horas chovendo, aproveitamos a aberta para seguir a pé a ruta dos mosteiros da Ribeira Sacra
  • Naquela aberta atoparon o cadáver enterrado