crise

< lat crisis gr κρίσις
Plural: crises
  1. s f
    1. Momento en que se produce un cambio de importancia en algo.
    2. MED Cambio brusco no curso dunha enfermidade.
    1. s f Situación circunstancialmente dolorosa ou difícil pola que pasa alguén ou algo que está en evolución.
    2. crise de goberno POLÍT Período durante o que se remodela un goberno.
  2. s f ECON Perturbación da actividade económica producida pola ruptura do equilibrio entre a oferta e a demanda dos bens e servizos destinados ao consumo.
  3. expediente de crise DER Procedemento administrativo de carácter especial dirixido a conseguir da autoridade laboral a necesaria autorización para poder extinguir ou suspender as relacións de traballo por causas tecnolóxicas, económicas ou de forza maior.

Citas

  • Superou a crise favorablemente e xa se está recuperando
  • Trala morte do seu fillo entrou nunha profunda crise que non deu superado, A empresa atravesa unha crise dende que a colleu o fillo do antigo xefe
  • Trala voda sufriu unha crise de gota

Formas incorrectas

bache