criptobránquido -da

< lat científico Cryptobranchus, xénero de animais
Plural: criptobránquidos Masculino: criptobránquido Masculino plural: criptobránquidos Feminino: criptobránquida Feminino plural: criptobránquidas
  1. adx Relativo ou pertencente aos criptobránquidos.
  2. s m ANIMAL Anfibio da familia dos criptobránquidos.
  3. s m pl ANIMAL Familia de anfibios urodelos integrada por individuos de grandes dimensións, de corpo cilíndrico e deprimido, que se caracteriza por posuír fendeduras branquiais durante o estado adulto.