criboso -sa

< cribo
Plural: cribosos Masculino: criboso Masculino plural: cribosos Feminino: cribosa Feminino plural: cribosas
  1. adx BIOL Que presenta perforacións.
  2. adx BOT Aplícase ao órgano vexetal, en especial ás follas que aparentan ter na súa extensión pequenas perforacións.
  3. lámina cribosa ANAT Parte media da lámina horizontal do etmoide, fina e perforada, que permite a comunicación mediante as células olfactorias.
  4. tubo criboso/vaso criboso BOT Conduto formado por células floemáticas alongadas, especializadas na condución de zume elaborado.

Palabras veciñas