criadeiro -ra

< criar
Plural: criadeiros Masculino: criadeiro Masculino plural: criadeiros Feminino: criadeira Feminino plural: criadeiras
  1. adx Que produce moitas crías.
  2. adx Que se cría con facilidade.
  3. s m Conxunto de instalacións onde se crían plantas ou animais mentres son pequenos ou ata que se poden consumir.
  4. s f col Órgano do aparato reprodutor das femias dos mamíferos que contén o embrión e posteriormente o feto.
  5. criadeiro da raia ZOOL Casulo de protección dos ovos, de natureza coriácea, rectangular e prolongado en cada ángulo por un filamento que serve para fixarse á vexetación, propia dalgunhas especies de peixes cartilaxinosos como a patarroxa e as raias.

Sinónimos

Citas

  • Diminuíron a explotación de vacún para aumentar a de polos porque son máis criadeiros
  • Hai que traer un carneiro para xuntalo con estas ovellas que son moi criadeiras
  • O peixe que trouxen para a cea vén do criadeiro, Fomos buscar as árbores froiteiras a un criadeiro porque estaban moito máis baratas ca no mercado

Palabras veciñas