crenza

< lat credentĭa
Plural: crenzas
  1. s f Idea que alguén ten sobre certa cousa dun xeito seguro e conforme.
  2. s f pl
    1. Cousa en que alguén cre.
    2. Convencemento relixioso que alguén profesa.
  3. s f FILOS Proposición que se considera verdadeira malia que non estea verificada nin sexa verificable.

Confrontacións

Citas

  • A crenza popular é que existen as meigas
  • A súa actuación é conforme coas súas crenzas políticas