crebanoces

< crebar + noz
Plural: crebanoceses
  1. s m Utensilio de mesa a modo de tenaces que se emprega para partir a casca de noces, abelás e outros froitos secos.
  2. s m ANIMAL/ORNIT Ave do xénero Nucifraga, da familia dos córvidos, que posúe peteiro longo e forte de cor negra, corpo de cor acastañada e ás e cola negras. Aliméntanse de sementes e froitos, insectos e pequenos vertebrados.