sfTodo aquilo que existe ou é susceptible de existir como entidade independente.
sfAquilo que é inanimado.
sfFILOSEntidade individual e material, un dos cinco conceptos transcendentais para os escolásticos, cuxa noción tradicionalmente se vinculou coa de substancia, pois ambas as dúas posúen propiedades.
sfDERTodo aquilo que constitúe ou pode constituír obxecto da disciplina xurídica, porque pode producir relacións xurídicas.
cousa públicaPOLÍTConxunto dos asuntos de goberno da comunidade política.
cousa xulgadaDEREfecto dunha resolución xudicial cando fronte a ela non cabe, pola súa propia natureza, ningún recurso, ou cando impide que noutro xuízo se produza unha decisión diferente ou contraditoria.
Citas
A corte está chea de animais e o faiado de cousas
A cousa está en saber quén foi, Non me preguntes sobre a declaración da renda porque non entendo nada desas cousas
A mellor cousa que ten Ramón é a súa xenerosidade, Cadaquén ten as súas cousas
Cando saín da casa o taxista xa metera as miñas cousas no maleteiro
Lois é un desastre, sempre deixa as cousas a medio facer, O profesor repetiume centos de veces a mesma cousa, É cousa ben sabida que.
Non me movas as cousas do traballo, que xa as ordeno eu despois
Non teño tempo de ir que teño moitas cousas que facer
O outro día pasoulle unha cousa terrible a Antón, Debemos coller as cousas tal e como veñen, ¡Sonche cousas da vida!, Non sei qué vai ser do mundo, a cousa está moi mal
Segundo a Biblia, Deus é o creador de todas as cousas, Todas as cousas viventes deben morrer nalgún momento, Os nenos son as cousas máis bonitas do mundo
Sempre anda pensando en proxectos futuros e descoida as cousas máis inmediatas
Frases feitas
Non ter ciencia ningunha algunha cousa. Ser f
Non ter ciencia ningunha algunha cousa. Ser f
1 Saber as cousas a trav
1 Saber as cousas a trav
2 Saber as cousas sen estudialas.
2 Saber as cousas sen estudialas.
Saber algunha cousa a ciencia certa. Estar completamente seguro dalgunha cousa.
Saber algunha cousa a ciencia certa. Estar completamente seguro dalgunha cousa.