smLIT/ARTEDescrición literaria ou plástica de ambientes e personaxes, dunha maneira tipificada. Na literatura, este movemento xurdiu no s XIX a partir do romanticismo. Caracterízase pola descrición directa, na que se intercalan breves diálogos exemplificadores do costume ou do medio de vida presentado, mentres que a acción se reduce ao mínimo ou mesmo desaparece. O costumismo non abordou ningunha crítica social e amosou o pobo e os seus costumes dun xeito pintoresco e folclórico.