corrixidor

< corrixir
Plural: corrixidores
  1. s m HIST Axente político da monarquía castelá. Comezou o seu nomeamento en 1348 e os Reis Católicos xeneralizaron esta institución cara a 1480. Velaba pola orde pública, exercía a autoridade xudicial de primeira instancia e interviña en cuestións fiscais. O cargo suprimiuse en 1835.