correccional

< lat tardío correctionāle
Plural: correccionais
  1. adx Que leva á corrección, especialmente castigando ou exercendo unha acción educadora.
  2. s m DER Establecemento penitenciario dedicado xeralmente á readaptación social dos menores e de persoas que presentan unha conduta antisocial.

Citas

  • A este recluso hai que aplicarlle unha terapia correccional
  • Saíu do correccional despois de tres anos de rehabilitación social