correa

< lat corrĭgĭa
Plural: correas
  1. s f Tira ou banda de material flexible que se emprega para diferentes usos, especialmente para suxeitar ou atar.
    1. s f Tira que se une polos seus extremos e xira ao redor de diversas poleas para transmitir un movemento ou transportar materiais.
    2. correa de transmisión IND/FÍS Órgano de transmisión da potencia entre dous eixes afastados que proporciona unha unión flexible e económica.
  2. s f PROTISTA correola.
  3. s f ARQUIT igueta colocada horizontalmente e apoiada sobre dúas estadas ou trabes, que serve de soporte para os cangos e coa que se pode formar a cuberta ou o faiado.

Citas

  • Fixo tanta forza que lle rompeu a correa ao mallo, Atou a carga do tractor coas correas, Púxenlle unha correa verde ao reloxo

Frases feitas

  • Ter (boa, moita, etc) correa 1 Ter paciencia para aturar bromas de todo tipo.
  • 2 Ter moita resistencia.

Palabras veciñas