coronario -ria

< lat coronarĭu ‘en forma de coroa’
Plural: coronarios Masculino: coronario Masculino plural: coronarios Feminino: coronaria Feminino plural: coronarias
  1. adx Disposto en forma de coroa.
    1. adx ZOOL Aplícase a unha estrutura anatómica que presenta unha disposición circular.
    2. adx ZOOL Aplícase a cada unha das dúas arterias que saen da aorta ao nivel das válvulas sigmoideas.
    3. adx PAT Aplícase ao paciente afectado dunha cardiopatía.
    4. enfermidade coronaria PAT Trastorno cardíaco orixinado por unha subministración insuficiente de sangue por parte das arterias coronarias.
    5. ponte coronaria MED Anastomose vascular cirúrxica aortocoronaria, na que un enxerto de vaso sanguíneo ou un tubo de material plástico fai de ponte entre a aorta e a arteria coronaria.
    6. unidade coronaria MED Área dun hospital especialmente equipada para o tratamento intensivo dos enfermos afectados de enfermidades coronarias, como o infarto de miocardio ou as arritmias graves.
  2. ligamento coronario ANAT Dobra do peritoneo que une o bordo posterior do fígado ao diafragma.