coroación

< lat corōnatĭōne
Plural: coroacións
  1. s f
    1. Acción de coroar.
    2. HIST Cerimonia de imposición da coroa a un soberano.
  2. s f Remate dunha cousa.
  3. s f ARQUIT Motivo ornamental que remata algunha cousa, especialmente un edificio.
  4. ARTE
    1. coroación da virxe Iconografía que representa a coroación da Virxe por Deus, Cristo, a Trindade ou os anxos.
    2. coroación de espiñas Iconografía que representa o momento da imposición da coroa de espiñas a Xesús.

Sinónimos

Citas

  • A coroación de Curros Enríquez tivo lugar no Teatro Principal da Coruña en 1904
  • A coroación de edificio é de forma circular, Os premios internacionais foron a coroación de toda unha vida dedicada á arte
  • Napoleón ordenou a súa coroación como emperador

Palabras veciñas