smZOOLProtuberancia que presentan algúns animais na cabeza, e que pode variar desde unha sinxela prominencia ata presentar complexas ramificacións ou forma de hélices.
smSubstancia da capa exterior dos cornos coa que se fabrican determinados obxectos.
sm
Calquera cousa que, pola súa forma cónica, ten semellanza cun corno de animal.
ANATFormación da substancia gris da medula espiñal que, nunha sección transversal, ten forma de media lúa.
smAvultamento producido por un golpe, especialmente na fronte.
smANIMALGasterópodo que presenta a cuncha de cor clara con debuxos castaños nas espiras anchas e tuberculadas.
smMÚSInstrumento de vento que consiste nun corno dun animal.
smBÉL
Lado ou extremo dereito ou esquerdo dunha cousa.
Costado ou flanco dun exército.
smARQUITÁngulo que sobresae do ábaco no capitel corintio.
corno cutáneoPATHiperceratose da pel en forma de eminencia dura.
corno da abundanciaMITcornucopia.
corno dos mortosMICOLFungo do xénero Craterellus, da orde das cantanelais, de cor cinsenta escura ou negra, con forma de funil e que presenta o pé curto e himenios.
corno inglésMÚSInstrumento de aire de dobre lingüeta co cano de madeira en forma cónica e acabado nunha campá ovoide característica.