córnico -ca

< topónimo Cornualla
Plural: córnicos Masculino: córnico Masculino plural: córnicos Feminino: córnica Feminino plural: córnicas
  1. adx Relativo ou pertencente a Cornualla, aos seus habitantes ou á súa lingua.
  2. s Natural ou habitante de Cornualla.
  3. s m LING Lingua celta do grupo britónico, falada en Cornualla ata o s XVIII, que desapareceu baixo a presión do inglés. Consérvanse algunhas glosas dos ss IX-X, un vocabulario do s XII e unha serie de dramas relixiosos dos ss XVI e XVII.