cornamusa

< fr cornemuse
Plural: cornamusas
  1. s f MÚS Instrumento de aire que consiste nun fol pequeno de coiro que, ao insuflarlle aire por medio dun cano pequeno (soprete), do que penden tres ou catro canos, un deles con buratos (punteiro), fai a melodía, e os outros (roncóns ou bordóns) fan o bordón.
  2. s f MÚS Trompeta longa de metal que no medio fai unha rosca grande.
  3. s f MAR Asa de metal ou madeira dun barco que se emprega para amarrar os cabos.