coralináceo -a

Plural: coralináceos Masculino: coralináceo Masculino plural: coralináceos Feminino: coralinácea Feminino plural: coralináceas
  1. adx Relativo ou pertencente ás coralináceas.
  2. s f PROTISTA Alga da familia das coralináceas.
  3. s f pl PROTISTA Familia de algas vermellas, da orde das criptonemiais, que comprende especies moi calcificadas, de cores brancas ou rosadas, que forman cotras preto do nivel onde baten as ondas, ou frondes rectas con moitas ramificacións divididas en artigos.