coral

< coro
Plural: corais
  1. adx Relativo ou pertencente ao coro.
  2. s f Conxunto de persoas que compoñen un coro.
  3. s f Composición musical de carácter relixioso destinada a ser cantada en coro. Usárona sobre todo as igrexas reformadas alemanas nos seus oficios litúrxicos para promover a miúdo a participación dos fieis, por iso tamén recibe o nome de coral luterana.

Citas

  • A coral actuou na igrexa da vila
  • O meu avó pertencía a unha agrupación coral