copropiedade

< co- + propiedade
Plural: copropiedades
  1. s f Propiedade en común dun ben indiviso entre dúas ou máis persoas.
  2. copropiedade do solo e de voo DER Forma do dereito de superficie sobre propiedades rústicas que permite a existencia de dúas titularidades sobre un mesmo predio: unha sobre o voo, constituída polas masas arbóreas, e outra sobre o solo.

Citas

  • A copropiedade da terra é un feito normal en Galicia