sfaso de distintas formas que se sostén sobre un pé e que serve para beber.
copa de augaCopa de forma variable, de cristal transparente sen tallas e con 20 cl de capacidade.
copa de champañaCopa en forma de seo invertido, que se emprega para o viño homónimo e para os cócteles que o conteñen.
copa de viñoCopa transparente, sen tallas e lixeiramente pechada por arriba; a que se emprega para o viño branco é máis pequena ca a que se usa para o tinto.
sfCantidade de líquido contido nunha copa.
s
Obxecto de metal de forma semellante á copa, xeralmente máis grande e ornamental, que se entrega ao vencedor dunha competición deportiva.
Premio que representa.
p extDEPDenominación que reciben os campionatos nacionais de clubs que se disputan por eliminatorias en distintas modalidades deportivas de equipo.
sfBOTConxunto de pólas que forman a parte superior dunha árbore.
sfParte superior oca do sombreiro, que cobre a cabeza.
sf pl
Un dos catro paus da baralla, representado por unha copa.
Carta dese pau.
copa de NeptunoANIMALEsponxa, da clase das demosesponxas, en forma de cáliz ou copa e de grandes dimensións.