coordinación

< lat coordinatĭōne
Plural: coordinacións
  1. s f Acción e efecto de coordinar.
  2. s f LING Construción que se obtén ao unir, de forma concatenada, dous ou máis elementos dun mesmo nivel gramatical.
  3. QUÍM
    1. s f Formación dun enlace químico entre un elemento, un ión ou un composto de natureza electrófila e un ión ou molécula nucleófila.
    2. número de coordinación/índice de coordinación Nun composto de coordinación, número de átomos ou de grupos de átomos que se enlazan directamente co átomo central do composto.
  4. s f FISIOL Proceso de integración da información sensorial recibida para producir unha resposta axeitada, controlado polo cerebelo.
  5. coordinación administrativa DER Principio xeral de relación entre os órganos da administración pública que non están relacionados xerarquicamente entre si, para conseguir unha actuación conxunta harmónica.
  6. coordinación xeral DER Función reservada para o estado, en relación con algunhas materias sobre as que a constitución e os estatutos establecen o reparto de competencias entre este e as comunidades autónomas.

Citas

  • Chegou, comeu, durmiu, Unha auga clara, limpa, brillante, Uns veñen, outros van), O segundo caso distingue varios tipos de coordinación: copulativa ( María foi ao Bierzo e Froilán non sei ónde está, O libro está ben e gocei coa súa lectura, Homes e mais mulleres xuntáronse na praza); adversativa ( Tomei o café, pero non quixen o bolo, Non é un amigo, senón un aproveitado); disxuntiva ( Non hai luz ou fundiuse a lámpada); e distributiva ( Ou saes ou entras, Ora di que vai ora di que non)
  • Realiza un importante labor de coordinación dentro do equipo