convertedor

< converter
Plural: convertedores
  1. s m TECNOL Máquina ou dispositivo eléctrico destinado a transformar unha corrente eléctrica de determinadas características noutra de calidades diferentes.
  2. s m TECNOL Dispositivo destinado a codificar unha información non codificada ou viceversa, ou ben a cambiar unha información codificada noutra de código diferente.
  3. s m TECNOL Conxunto formado polo vaporizador e polos reguladores de alta e de baixa presión nos motores de acendido por chispazo.
  4. s m IND Aparato empregado no tratamento do ferro e do cobre en estado líquido.
  5. convertedor de enerxía TECNOL Dispositivo cunha entrada e unha saída que cambia a forma ou as características do fluxo enerxético incidente.
  6. convertedor de frecuencia TECNOL Dispositivo electrónico que forma parte da maioría dos radiorreceptores e que realiza a función de xeración local de oscilacións e as mestura co sinal recollido pola antena, de xeito que se obtén unha frecuencia inferior, denominada intermedia.
  7. convertedor de imaxe TECNOL Tubo electrónico que converte unha radiación non visible nunha imaxe visible.
  8. convertedor magnetohidrodinámico TECNOL Dispositivo que produce unha corrente eléctrica ao facer atravesar un gas ionizado por un campo magnético.
  9. convertedor termoeléctrico TECNOL pila termoeléctrica.
  10. convertedor termoiónico TECNOL Dispositivo produtor de enerxía eléctrica por quentamento dun condutor.