convencional

< lat conventionāle
Plural: convencionais
  1. adx Que é resultado dunha convención.
  2. adx Que se establece por convención social e resulta falto de sentimentos auténticos, naturais e espontáneos.
  3. adx Que é clásico e non ten innovacións con respecto aos modelos tradicionais.
  4. HIST
    1. adx Relativo ou pertencente á Convención Nacional francesa.
    2. s m Membro da Convención Nacional francesa (1792 -1795).

Sinónimos

Citas

  • Na guerra non usaron armamento convencional
  • Os signos de puntuación empréganse de xeito convencional
  • Sempre mostra un sorriso convencional nas cerimonias ás que asiste
  • Tomar o té ás cinco en Inglaterra é un feito convencional