contubernio

< lat contubernĭo
Plural: contubernios
  1. s m Convivencia entre dúas ou máis persoas, xeralmente considerada ilícita.
  2. s m Entendemento entre dúas ou máis persoas, habitualmente en prexuízo doutra, ou asociación de intereses ilícitos.
  3. s m HIST Unión sexual entre escravos ou entre individuos libres e escravos, que non tiña o rango de matrimonio segundo o dereito romano.

Citas

  • O contubernio dos máis fortes prexudica á maioría