contratempo

< contra- + tempo
Plural: contratempos
  1. s m Circunstancia, xeralmente imprevista, que interrompe unha acción ou que vai contra aquilo que se esperaba.
  2. s m MÚS Procedemento rítmico en que unha voz ou un instrumento entra no tempo débil do compás e produce un efecto de contraste rítmico.

Confrontacións

Citas

  • Sufrín un contratempo e non puiden asistir ao acto previsto