contradición

Plural: contradicións
  1. s f Acción de contradicir ou contradicirse.
  2. s f Relación entre palabras ou feitos que se contradín.
  3. principio de contradición FILOS Principio da lóxica aristotélica que na tradición escolástica constituíu o primeiro principio ontolóxico: é imposible que unha cousa sexa e non sexa ao mesmo tempo e baixo o mesmo aspecto.

Formas incorrectas

contradicción