contracción

< lat contractĭōne
Plural: contraccións
    1. s f Acción e efecto de contraer ou contraerse.
    2. s f FÍS Diminución das dimensións transversais dun corpo sometido a un esforzo de deformación por tracción.
    3. s f ECON Fase de flutuación económica que se caracteriza pola redución ou diminución dos prezos, lucros, produción, emprego, consumo e investimentos.
    4. contracción cardíaca FISIOL Movemento das fibras musculares do corpo que fan que se contraia e que impulse o sangue cara ás diferentes portas do corazón.
    5. contracción muscular FISIOL Propiedade que teñen as fibras musculares de diminuír a lonxitude nunha das súas dimensións e aumentala nas outras.
    6. contracción uterina FISIOL Contracción das fibras musculares do útero que aparece no transcurso da xestación, do parto e do puerperio.
  1. s f LING
    1. Redución dun elemento lingüístico, a miúdo en combinación con outro elemento.
    2. Palabra que resulta desta redución.
  2. s f PALEOG Sistema de abreviación que consiste en suprimir unha ou máis letras mediais nunha palabra.

Citas

  • A palabra
  • de
  • do
  • é unha contracción da preposición
  • mais o artigo determinado
  • o
  • Ó perder a humidade a porta de madeira sufriu unha pequena contracción