continuo -nua

Plural: continuos Masculino: continuo Masculino plural: continuos Feminino: continua Feminino plural: continuas
  1. adx Que non presenta interrupción espacial nin temporal.
  2. adx Que ocorre en sucesión rápida, moi frecuente, a miúdo repetida.
  3. adx LING Aplícase ao son que se pronuncia cunha obstrución que non impide a saída do aire pola cavidade bucal.
  4. s m FILOS Realidade material considerada como un todo, na filosofía clásica.
  5. continuo poscrioulo LING Serie relacionada de variedades que se desenvolve cando os falantes dunha lingua crioula son educados nunha lingua estándar coa que a lingua crioula está relacionada.