continencia

< lat continentĭa
Plural: continencias
  1. s f
    1. Acción e efecto de conterse ou manter dentro duns límites prudentes a satisfacción dos praceres.
    2. Abstinencia sexual.
  2. s f
    1. Capacidade de retención.
    2. FISIOL Estado dun esfínter que funciona con normalidade.

Antónimos

Confrontacións

Citas

  • A Igrexa católica recomenda continencia
  • Os cregos deben practicar a continencia