abellón

< abella
Plural: abellóns
  1. ANIMAL/ENTOM
    1. s m Insecto himenóptero do xénero Bombus, de corpo robusto, peludo e cores escuras ou claras e raiadas.Viven en niños no chan e o seu voo é ruidoso.
    2. abellón cuco Abellón do xénero Psithyrus, parasito doutros abellóns.
    3. abellón tinto Abellón do xénero Xylocopa de corpo e ás de cor violácea intensa.
  2. s m ANIMAL/ENTOM Macho da abella doméstica.
  3. danza do abellón Ritual funerario que consistía en bailar ao redor do leito dun defunto durante o velatorio, tras o xantar ofrecido polos parentes.

Sinónimos

Confrontacións