consulado

< lat consulātu
Plural: consulados
  1. s m Dignidade ou cargo de cónsul.
  2. s m
    1. Edificio ou local das oficinas dun cónsul.
    2. Territorio ou distrito onde un cónsul exerce as súas funcións.
  3. s m HIST Período de tempo en que exercían o seu cargo ou maxistratura os cónsules.
  4. s m HIST Tribunal que xulgaba os negocios e as causas dos comerciantes.
  5. s m HIST/POLÍT Sistema político en que a máxima dignidade a exercía un cónsul.