construtivismo

Plural: construtivismos
  1. s m ARTE Movemento plástico iniciado en Moscova nas primeiras décadas do s XX e englobado na arte abstracta que afirmaba a finalidade de construír unha nova realidade a partir do emprego de novos materiais industriais como os metais ou os plásticos.
  2. s m LIT Tendencia literaria que se desenvolveu en Rusia a partir dos principios do construtivismo artístico.
  3. s m PEDAG/PSIC Corrente psicopedagóxica que se caracteriza polo feito de entender o proceso da aprendizaxe humana como unha articulación de construcións mentais elaboradas de xeito activo por cada individuo.
  4. s m ESPECT Corrente artística europea, nacida en Rusia e ligada ás artes plásticas, que se promoveu a partir de 1915, que parte do principio de que o personaxe é unha realidade que se constrúe a partir dos máis diversos elementos, nun proceso sumamente racional en que o intérprete ten en todo momento un control absoluto.

Formas incorrectas

constructivismo