sfActividade ou industria de construír ou edificar, especialmente obras de enxeñaría ou arquitectónicas.
construción navalParte da industria que comprende o proxecto e a construción de navíos.
sfObra construída, especialmente de enxeñaría ou de arquitectura.
LING
sfUnidade lingüística sintagmática ou morfolóxica que pode estar formada por unidades pertencentes a un nivel xerárquico inferior, encadeadas sintagmática ou gramaticalmente e que, ademais, poden pertencer a unha unidade superior.
construción absolutaConstrución que, nunha oración, non depende sintacticamente de ningún elemento concreto.
construción “ad sensum”Construción que se fundamenta no sentido, independentemente das concordancias gramaticais.
construción endocéntricaConstrución que, segundo L. Bloomfield, ten a mesma clase formal ca un ou varios dos seus constituíntes.
construción exocéntricaConstrución que, segundo L. Hjelmslev, non pertence á mesma clase formal ca os seus constituíntes, polo tanto, ningún deles pode substituír toda a construción.
construción sintácticaEstrutura que, esencialmente, presenta calquera oración dunha lingua determinada.
índice de construciónAERONParámetro adimensional que se emprega en tecnoloxía espacial para definir a lixeireza da estrutura dun foguete espacial.