constante

< lat constante, p pres de constāre ‘constar’
Plural: constantes
  1. adx Que permanece no estado en que está.
  2. adx
    1. Que non deixa que as dificultades venzan a súa vontade.
    2. Que non se cansa de traballar.
    3. Que non muda de ideas e sentimentos.
  3. adx Que se repite acotío.
  4. adx BOT Aplícase ás especies que aparecen nun tanto por cento elevado das mostras ou dos inventarios dunha comunidade vexetal determinada, coa condición de que todas as mostras correspondan a superficies da mesma extensión.
  5. s f MAT Cantidade que ten sempre o mesmo valor.
  6. constante de Curie FÍS Constante que vén definida pola fórmula C 0 Nm 2 /3k, en que μ 0 é a permeabilidade do baleiro, N o número de dipolos por unidade de volume, m o momento magnético destes dipolos e k a constante de Boltzmann.
  7. constante fundamental FÍS Cada unha das magnitudes que representa un papel singular e esencial nas teorías físicas.
  8. constante persoal PSIC Trazo ou peculiaridade persistente no curso da actuación dunha persoa.
  9. constante urosecretoria de Ambard MED Coeficiente que permite establecer unha relación entre a cantidade de urea no sangue dun paciente e a eliminada polos ouriños.
  10. constantes de Lamé MAT Conxunto de dúas constantes (λ e μ) que serven para definir as propiedades eláticas dun corpo homoxéneo e isótropo.
  11. constantes vitais MED Conxunto de valores físicos e bioquímicos do medio interno do organismo que, mentres se manteñen nunha marxe determinada, fan posible o mantemento da vida.
  12. constante de Rydberg FÍS Constante, inicialmente empírica, que intervén nos espectros atómicos de todos os elementos. O valor de R é 1,097373177(83)´10 7 m -1 .
  13. constante de Stefan-Boltzmann FÍS Factor de proporcionalidade da lei de Boltzmann que ten un valor de 5,67032´10 -8 Wm -2 K -4 .
  14. constante de Planck FÍS Constante fundamental que caracteriza os fenómenos de dominio cuántico e que vale 6,626176´10 -34 Js.
  15. constante de Boltzmann FÍS Constante que resulta do cociente entre a constante dos gases R e o número de Avogadro NA:k = R/NA, e o seu valor é k = 1,380662·10 -23 J·K -1 .

Sinónimos

Antónimos

Confrontacións

Citas

  • Na estrada cara á vila hai constantes atascos de tráfico
  • O meu curmán Lois é moi constante nos estudios
  • O muíño precisa un fluxo constante de auga, O crecemento da economía foi constante durante este ano