sfMEDProceso de curación dunha fractura ósea con tendencia a devolverlles as propiedades primitivas aos ósos.
sfDERForma de extinción dos dereitos reais que consiste en reunir e asignar a un titular as facultades de dominio que antes estaban disgregadas.
ECON
sfProceso económico que segue a unha época de crise e que se caracteriza polo crecemento rítmico da produción e do consumo e polo equilibrio na balanza de pagamentos.
consolidación da débeda públicaConversión da débeda pública flotante en débedas a longo prazo.
sfXEOLProceso de conversión dun material solto ou brando noutro duro e compacto.
sfXEOLAsentamento gradual dun solo provocado por forzas gravitatorias, ben polo seu propio peso ou ben polas estruturas que soporta.
sfCONSTRAsentamento natural dun terreo debido á acción do seu propio peso e ás construcións existentes nel.